Mandriva Linux
                               =============

============================================================================

   O contido deste CD-ROM ten Copyright © 2003-2005 de Mandriva S.A.
   e outros. Por favor mire os avisos individuais de copyright en cada
   paquete de código fonte para ver os termos de distribución. Os
   termos de distribución das utilidades con copyright de Mandriva
   están no ficheiro COPYING.

   Mandriva Linux e o seu logotipo son marcas comerciais de Mandriva S.A.

============================================================================

1. Organización do directorio raíz

   Este directorio está organizado do seguinte xeito:

   |--> media/           
   |   |--> main/        paquetes binarios principais
   |   |--> contrib/     paquetes binarios da sección contrib
   |   `--> media_info/  metadatos dos paquetes
   |--> install/         
   |   |--> extra/       imaxes publicitarias da instalación
   |   |--> images/      imaxes de arrinque
   |   `--> stage2/      imaxes ramdisk da instalación
   |       `--> live/    ficheiros do programa de instalación
   |--> isolinux/        imaxes de arrinque isolinux
   |--> doc/             ficheiros de axuda da instalación en varias linguas
   |--> dosutils/        utilidades de instalación para DOS
   |--> misc/            ficheiros de código fonte, árbores de instalación
   |--> VERSION          número da versión actual
   |--> COPYING          información do copyright
   |--> INSTALL.txt      instruccións da instalación
   `--> README.txt       este ficheiro en modo texto

   Se está facendo unha réplica nunha partición ou nun volume NFS,
   precisará ter tódalas cousas e ficheiros relacionados ca instalación
   en "install/", e todo o relacionado cos paquetes en
   "media/", así coma as imaxes isolinux en "isolinux/".

============================================================================

2. Instalación

   Mire o ficheiro INSTALL.txt.

   NOTA IMPORTANTE SOBRE A COMPATIBILIDADE:

   Mandriva Linux está feita con optimizacións de velocidade para CPUs de
   clase Pentium (Pentium(tm) e compatibles, AMD Athlon, Pentium 4...),
   polo que NON FUNCIONARÁ nos antigos ordenadores baseados
   en i386 e i486.

============================================================================

3. Código fonte

   Tódolos paquetes específicos de Mandriva Linux veñen co seu código
   fonte no CD de código fonte (source-CD na PowerPack Edition).

   Pode descargar tódolos paquetes de código fonte dende os nosos
   servidores FTP.

   No caso de que non teña acceso á Internet, Mandriva pode
   enviarlle un arquivo co código fonte por un custo mínimo.

============================================================================

4. Soporte

   Se ten acceso á web, mire en:
     * http://www.mandriva.com/support

   En particular, o acceso ás nosas listas de correo pódese atopar en:
     * http://www.mandrivalinux.com/en/flists.php3

   Se non ten acceso á web, tamén se pode subscribir á lista de correo
   principal. Para facelo, mande unha mensaxe a sympa@mandrivalinux.com
   co texto "subscribe newbie" no corpo da mensaxe.

============================================================================

   Se non recibiu documentación con este producto, pode pedila (pagando)
   Mandriva Linux PowerPack Edition (varios CDs de Mandriva Linux + Guías
   de Instalación & Uso + soporte á instalación) á nosa tenda en liña:

     * http://www.mandrivastore.com/

============================================================================

5. Contactar

   Mandriva pode atoparse en:

     * http://www.mandriva.com/company/contact